CONCURSO INTERNACIONAL DEL CARTEL DEL FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

Luar na Lubre
Convoca: Concello de Ortigueira (A Coruña).
Contido: Concurso internacional para o cartel oficial do Festival Ortigueira 2006. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca un concurso creativo para seleccionar o cartel oficial que servir de imaxe da edición 2006 da cita folk, que se desenvolve os días 6, 7, 8 e 9 de xullo. A proposta está aberta empresas de imaxe e a calquera persoa que tiver unha idea con gancho publicitario. Temática e técnicas libres. Os participantes poderán presentar un máximo de dous deseños. Carteis inéditos montados a sangue en cartel pluma ou en soporte ríxido de 50 x 70 cm, formato vertical. O prazo para a entrega dos carteis inéditos será do 21 ao 31 de marzo.
Dotación: premio de 10.000 euros.
Prazo: o prazo para a entrega dos carteis será do 21 ao 31 de marzo.
Informa: Casa Consistorial de Ortigueira. Praza de Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira. Teléfono: Chema Corral 659 365 308.



